Clave
Benvid@ ao Concello de Redondela

Pertencente á mancomunidade de Vigo, este concello pontevedrés localízase no suroeste da provincia, na parte máis interior da ría de Vigo. As súas catorce parroquias acollen a 30.027 habitantes nunha extensión de 51,9 quilómetros cadrados. O seu lindeiro polo oeste é o océano Atlántico; polo sur o municipio de Vigo; ao leste os de Mos e Pazos de Borbén e polo norte os municipios de Soutomaior e Pazos de Borbén.
En canto ao relevo cómpre diferenciar varias partes. Por unha banda, os cumios máis altos roldan os 500 metros e están na franxa suroeste do concello, e pola outra, na liña costeira mestúranse as superficies areosas coas que presentan un aspecto máis rochoso.
Por último, falar do accidente xeográfico, que abrangue unha maior extensión de terreo: a depresión topográfica que vai de norte a sur.
A rede fluvial do concello está formada por varios regueiros (Fondón, Cabeiro,..) e por un par de canles de maior importancia: o Maceiras e o Alvedosa, que envorcan as súas augas directamente no mar.
A súa proximidade ao mar fai que as temperaturas sexan moi suaves e se encadren entre os 10 e os 20 graos. Ademais, este factor, xunto co relevo, fai que as choivas que se recollen sexan abundantes e repartidas ao longo de todo o ano. As borrascas do Atlántico e os ventos húmidos do suroeste entran nestas terras sen ningún tipo de obstáculo.

Novas    rss Servizo RSS

O PP demanda que a liña do Vitrasa amplíe o seu percorrido ata a nova rotonda de Rande

Os locais de copas poderán abrir en rúas de menos de catro metros de ancho

ABERTA A MATRÍCULA DOS CURSOS DE INFORMÁTICA DO CONCELLO DE REDONDELA

Tirán proclámase Campión Galego de traiñeiras na regata disputada en Chapela

Campaña de doazón de sangue en Redondela e Chapela

A Asociación Afectados pola ampliación da AP-9 denéganlle información ao BNG

ver novas anteriores

   

De Interese:

Teléfonos
Contacta
Icono Transporte Transportes
Icono Camara Web Cámara web
Icono O Tempo O Tempo
Paseo virtusal Paseo Virtual
Logo préstamo de bicicletas Servizo de préstamo de bicicletas
Logo Compartir coche Compartir coche
Farmacias de guardia Farmacias de garda

Actualidade

WEB DE TURISMO

PROYECTO MARISMA 2009

BANER MEDIO AMBIENTE