|
As tecnoloxías da información e as comunicacións impulsaron nos últimos anos transformacións de alcance tal que, á marxe de consideracións teóricas sobre as bondades e riscos da sociedade da información ou do coñecemento, están configurando de feito un novo modelo de sociedade. Neste contexto, o Concello de Redondela non pode ser unha excepción, e queremos colocalo na vangarda das novas tecnoloxías. O Concello de Redondela ten por si só, pero tamén pola súa area de influencia, moitos e importantes atractivos para calquera persoa que busque tranquilidade, beleza e recunchos dun gran valor paisaxístico. Redondela é un Concello amante das súas tradicións, preocupado pola cultura e pola defensa da lingua galega como sinal de identidade de Galicia. Queremos que os veciños colaboren coas súas suxestións no noso portal Web, deste xeito mellorarase notablemente o seu contido. Un saúdo no meu nome e no dos meus compañeiros de Corporación.
D. Xaime Rei Barreiro
|