No concello de Redondela existen dous centros de saúde, un en Chapela e outro en Redondela capital. Prestan asistencia sanitaria primaria, con medicina xeral, pediatría, matronas, asistente social e enfermería. As urxencias básicas aténdense nun servicio de urxencias extra hospitalarias localizado nas dependencias do centro de saúde de Redondela. Pola inclusión do concello na área sanitaria de Vigo, tódalas consultas de especialistas e hospitalización realízanse nos hospitais xerais de Vigo. No barrio de Parada en Chapela sitúase un Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos, de ámbito comarcal e xestionado pola Xunta de Galicia. Enlace co | | | para pedir cita co seu médico de cabeceira. |
|