AVDA. DE MENDÍÑO, S/N - 36800, REDONDELA.
Cita Previa - Tlf. 986 400 770 / 986 400 387 / 986 400 351. Luns a Venres de 08:00 h a 22:00 h, sábados de 08:00 h a 15:00 h
Urxencias - Tlf. 986 400 700. De luns a sábados en hora de consulta co médico de cabeceira domingos e festivos ás 24 horas do día.
Consultas, revisións e vacinas: de 09:00 h a 15:00 h.
Para acceder a rehabilitación hai que seguir os seguintes pasos:
Ir ao médico de cabeceira, para obter un volante para o traumatólogo (que está en Vigo)
Unha vez no traumatólogo, en Vigo, este decidirá se o paciente precisa ou non rehabilitación.
No caso de a necesitar, o paciente estaría na lista de espera de rehabilitación.
O tempo de espera é variábel dependendo do tipo de patoloxía, e pode chegar a ser incluso dun ano para doenzas crónicas ou non urxentes.
Pediatría - Servizos de Atención Primaria para a nenos e nenas comprendidos entre os 0 e os 14 anos. Consultas, revisións e vacinas: de 9h a 15h
Rehabilitación - Atención a máis de 34.000 persoas, espalladas entre Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.
Especialista de rehabilitación (unha vez por semana)
Laboratorio - Horario único de extracción: 8:30 a 9:30 h. Para facer extraccións hai que ir aomédico de cabeceira para obter un volante. Os tubos proporciónanse o día antes.
Farmacia - Asesoramento aos pacientes sobre a medicación e dúbidas dos médicos sobre tratamentos (interaccións entre medicamentos, etc.) Horario de 8:00 h a 15:00 h. É preciso pedir cita previa.
Matrona - Horario de 09:00 h a 13:00 h os luns, martes, xoves e venres:
Control do embarazo e realización de test de embarazo.
Seguimentos do neno ou nena no ámbito psicomotriz.
Obradoiros de educación maternal, para os que hai que apuntarse no quinto mes de embarazo. Acceso a través deles a psicoloxía da Xunta, con charlas sobre o fururo bebé: coidados, alimentación...
Preparación para o parto e o postparto.
Vídeos sobre coidados do recén nacido, sobre a lactancia...
Asistente Social - Horario de 09:00 h a 13:30 h martes, xoves e venres.
Odontólogo - Unidade Saúde Bucodental:
Programas de prevención para nenos e nenas de 6 a 14 anos
- Detección de patoloxías bucodentais.
- Aplicación de flúor tópico
- Colocación de seladores de fisuras en caras oclusares de molares definitivos para evitar que sexan causa de caries dentais.
- Revisión periódica durante a escolarización
Programas de prevención para adultos
- Detección precoz de patoloxías bucodentais.
- Consulta e tratamento de procesos agudos bucodentais.
Urxencias: Horario ata as 17:00 h da tarde no Centro de Saúde de cada parroquia. Das 17:00 h ás 08:00 h da mañá do día seguinte aténdense as urxencias de Fornelos de Montes, Redondela, Chapela, Pazos de Borbén, Arcade e Soutomaior no Centro de Saúde de Redondela.
Funcións (en horarios de mañá):
-Tomar cita para os especialistas. Estas van ao Hospital Xeral e será o Hospital Xeral quen envíe unha carta á casa coa data e hora da cita co especialista.
-Tomar citas para o asistente social.
-Recepción de urxencias do Centro de Saúde e desvialas a onde proceda (pediatría, odontoloxía...)
-Rexistrar analíticas.
-Atención ao usuario.
-Apoio físico a pacientes impedidos.
-Controlar o fluxo de persoal do centro.
-Traballar en coordinación co 061.
AVDA. DE REDONDELA Nº 70 - 36320, CHAPELA (REDONDELA)
Cita Previa: Tlf. 986 458 150
Centraliña - 986 458 153 / 986 458 151
FAX - 986 458 152
Horario: De luns a sábado de 08:00 h a 15:00 h. Cita telefónica ao personal, de 8:00 h a 14:00 h, no mesmo día ata quince minutos antes de comezar a consulta. Posibilidade de pedir cita ata con dous meses de antelación.
Urxencias: de luns a sábados en horario de consulta co médico de cabeceira. A partir das 15:00 h e os domingos e festivos a atención realizarase no Centro de Saúde de Redondela.
Cita de Analíticas: Os luns, mércores e venres sempre persoalmente, en administración, co volante do médico de cabeceira ou especialista.
Cambio de Médico: De luns a venres, de 09:00 h a 14:00 h
Asistente Social: Os luns de 09:00 h a 13:30 h, atende a demanda.
Matrona: Os mércores, cita persoalmente de 09:00 h a 11:00 h.
Hospital de Referencia: Complexo Hospitalario XERAL-CÍES (Vigo).
Inspección Veterinaria de Saúde Pública - Tlf: 986 454 060