CONCERTO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO Venres, 23 de xullo ás 20:30 horas en el Auditorio da Xunqueira - Redondela |
A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixida pola Concelleira nacionalista Rosa Costas Estévez, organiza un CONCERTO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO, que se celebrará o vindeiro venres día 23 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio da Xunqueira. Este ano celébrase o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, que finou o día 15 de xullo de 1885, data que serve de recordatorio da nosa escritora máis universal e que esta Concellaría aproveita para facerlle unha homenaxe e lembrar a súa figura. Neste concerto actuarán grupos da nosa vila, homes e mulleres comprometidos coa nosa cultura. 
O día 23 actuarán: A entrada é de balde e para solicitar calquera información, poden dirixirse á Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade no teléfono: 986 408 043 Redondela, 21 de xullo de 2010 | Exposición Máquinas Absurdas no Multiusos da Xunqueira Autor: M. X. Queimaliños Enxeños do máis variado e imaxinativo pódense visitar ata finais de agosto no Multiusos obra do escultor Bernardo Seoane, quen nos advirte de que neste espacio "está prohibido non tocar" Máquinas de tortura, varios instrumentos de pedir, un exemplo do absurdo das guerras baixo o nome de Terminator e outros enxeños do máis variado conforman a mostra que estes días se pode visitar no Multiusos da Xunqueira baixo o título de "máquinas absurdas". Obra do escultor Bernardo Seoane realizada a partir de material de refugallo, o autor desta curiosa mostra anímanos á achegarnos a este espacio no que "está prohibido non tocar" e experimentar de primeira man como funcionan a "prensa autopensadora" ou o "consolador", unha máquina cuxa función é dar abrazos aínda que sexan de ferro. Con todo parece que son as máquinas de tortura as que máis chaman a atención dos visitantes aínda que a súa preferida sexa unha crítica á clase política e que leva pro nome "Manivela". Para completar a exposición atopamos tamén "a auténtica pedra na que o home tropezou dúas veces ou máis", unha lastra achada en Redondela. Tanxarina presenta o seu novo espectáculo "Trogloditas"Autor: M. X. Queimaliños A obra poderase ver no XI festival internacional de Artista de Rúa de Redondela os vindeiros 23 e 24 de xullo na Alameda. Unha obra chea de humor para todas as idades onde os integrantes de Tanxarina comparten escenario cos monicreques baixo a dirección de Evaristo Calvo. A compañía Tanxarina representará no XI Festival Internacional de Artístas de Rúa de Redondela o seu novo espectáculo, 'Trogloditas', cunha singular posta en escena, humor en estado puro, monicreques de vara e moito traballo actoral baixo a dirección de Evaristo Calvo. En trogloditas os tres integrantes de Tanxarina, Miguel Borines, Eduardo Rodríguez 'Tatán' e Andrés Giráldez, volven compartir escenario cos monicreques, pero nesta ocasión de principio a fin. A veterana compañía presenta esta innovadora montaxe, unha representación que comeza no exterior dunha cova onde tres trogloditas convidan os asistentes a entrar para gozar do espectáculo. No interior, exhiben as súas artes circenses dous lanzadores de menhires, un levantador de pedras e un faquir. Entrementres, os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe. A música, interpretada en directo con instrumentos 'primitivos' de creación propia, tamén ocupa un lugar destacado na función, dirixida a público familiar a partir de 5 anos. Sorprende o formato, pensado para desenvolver ao aire libre en grupos reducidos; sorprende a caracterización e sorprende tamén a escenografía a cargo do redondelán Pablo "O Pastor". A representación de 'Trogloditas' será o vindeiro venres e sábado, 23 e 24 de xullo, no XI Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela. Haberá tres pases diarios (cun aforo de 50 persoas cada un), ás 20h30, 21h30 e 22h30, na Alameda do Concello. Noites Máxicas dos Viaductos 2010 |
O martes, 1 de xuño ás 20:30 hs, no Edificio Multiusos da Xunqueira, Redondela, terá lugar a inauguración da mostra A COCA DE REDONDELA EN 1000 IMAXES. A exposición, que abre as festas, reúne fotografías de máis de cen anos de este singular persoeiro do noso folklore, reproduccións en cerámica, madeira, barro, así como aparicións en publicidade, obra pública, ilustracións, carteis, programas de festas, audiovisuais....todo elo amenizado co texto de José Martínez Crespo. Asimesmo, se presentará o libro que reúne toda esta documentación, así como lendas e numerosos escritos a propósito da Coca, realizados por escritores como Cunqueiro o Celso Emilio Ferreiro. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro día 19 de xuño.
|
A mostra revisa a figura de 19 mulleres destacadas polos seus feitos e vidas. Dende Rosalía de Castro, cunha especial atención no 125 aniversario do seu pasamento, ata María Miramontes ( unha das defensoras do Estatuto do 36), ou María Soliña (símbolo do sufrimento do pobo), pasando pola Bella Otero (icona da Belle Epoque) ou Enriqueta Otero ( guerrilleira antifranquista presa vinte anos).
Durante o mes de xullo pode visitarse na sala de exp. da Asoc. de Veciños de Vilar de Infesta, esta mostra, organizada polo departamento de SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE, CONCELLO DE REDONDELA. A mostra, que xa poidara visionarse no Multiusos de Redondela, foi elexida para ser visitada en octubro na Fundación Vicente Risco de Allariz |
Exposición d e fotografías de diferentes autores da zona (Mundo Cal, Pelu Vidal, Landín, Miguel Núñez, Rafa Estévez...) sobre a celebración da nosa festa mais importante, nas que se reflexan os puntos álxidos da mesma. Tamén se expoñen figuras que levan os traxes tradicionais utilizados nos diferentes actos de celebración desta festa dende o século XVI ata hoxe, un interesante traballo antropolóxico realizado pola redondelana Margot Araujo. |