Clave
Centros de cultura

CASA DA CUTURA DE REDONDELA

Praza de Figueroa s/n - (36800, Redondela)

Este edificio ten diversas funcións adicadas fundamentalmente á xuventude, á cultura e á formación. No primeiro andar a Concellaría de Servizos Sociais instalou unha aula adicada a dar cursos de español para estranxeiros e obradoiros de fotografía organizados polo OMIX; ademais atoparemos un laboratorio para o revelado de fotografía. No segundo andar a Concellaría de Cultura ten unha aula de informática para dar diferentes cursos de formación. O terceiro andar está destinado a Radio Redondela, a radio municipal. O centro está aberto pola tarde durante todo o ano e no verán tamén polas mañás, con excepción da radio, que ten horario continuo.

Para máis información: 986 400 300

EDIFICIO MULTIUSOS DE REDONDELA

Paseo  da Xunqueira, s/n - (36800, Redondela) . Teléfono - Fax : 986 402 865. Horario de 09:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.

Este edificio reúne diferentes actividades; na planta baixa está o auditorio, no que se fan todos os espectáculos teatrais, diferentes festivais e conferencias. Tamén se dan nel as aulas municipais de teatro e os cursos de tai-chi para maiores. Neste andar atópanse ademais as aulas de pintura e guitarra dos cursos municipais, así como salas que se empregan ao longo do ano para impartir aulas do Plano FIP de diversas temáticas. No primeiro andar atópase a Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán (a sala de adultos, a sala infantil e os almacéns), ademais dun par de salas onde se imparten aulas, como por exemplo as de alfabetización para adultos. No segundo andar está o departamento de Novas Tecnoloxías coa aula web, onde ao longo de todo o ano se realizan todo tipo de obradoiros e cursos de informática; ademais neste andar está tamén o SIE (Servizo de Igualdade e Emprego) e dúas aulas onde se desenvolven cursos de memoria para maiores.

EDIFICIO MULTIUSOS DE CHAPELA

Pinal do Crego s/n - Chapela (36320, Redondela). Teléfono: 986 454226. Horario de 16:00 a 21:00 h.

Neste edificio albérgase Biblioteca Municipal de Chapela, no segundo andar, que ademais conta con sala de adultos, zona infantil e sete ordenadores con conexión a internet. Alén disto, neste centro impártense aulas ao longo da semana das seguintes materias: aeróbic, bolillos, piano, coral, clarinete, ximnasia mental, barro, tai-ci, kendo, solfeo, coral, baile galego, gaita, manualidades, pandereta, informática, frauta,...etc. Para información de horarios e matrículas chamar por teléfono.

CASA DA TORRE

Praza de Ribadavia s/n - (36800, Redondela). Teléfono: 986 404 196

A Casa da Torre é un edificio renacentista construído no século XVI. Na tempada invernal, cun movemento reducido de peregrinos, desenvólvense actividades culturais alternativas. A "Casa da Torre-Albergue de Peregrinos de Redondela" atópase na ruta do Camiño Portugués e dispón de capacidade suficinte para albergar 100 peregrinos. Ademais da zona de albergue, dispón de dúas salas de exposicións nas que todo o ano se amosa todo tipo de arte (escultura, pintura, gravados, tallas, etc.), e tamén dispón dunha sala que, no inverno é biblioteca e sala de conferencias e no verán emprégase como comedor para peregrinos. A Casa da Torre ten un punto de información do Xacobeo, no que se pode atopar información de todo tipo sobre O Camiño de Santiago.

CONSERVATORIO

Rúa Santa Mariña n° 3-5 - (36800, Redondela). Telf: 986 403 876. Fax: 986 403 894